Dous proxectos proxectos de Coristanco, un de Baio, un de Vimianzo e outro de Muxía, aprobados polo GDR Costa da Morte

Vista aérea do Polígono de Vimianzo

Tras coñecer a lista de proxectos non produtivos (os promocionados sobre todo por Concellos e asociacións), o GDR Costa da Morte dá conta dos proxectos que vén de aprobar cos seus apenas 300.000€ cos que conta nesta anualidade 2025-2026.

 

TÍTULO DO PROXECTO CONCELLO PROMOTOR INVESTIMENTO AXUDA
PROPOSTA
Centro de Día Nicoli SL Coristanco Centro de Día Nicoli, SL 317.374,36 € 125.000,00 €
Ampliación empresa de instalacións fontanería e renovables Baio, Zas Carlos Gabín Riveiro 84.667,33 € 28.786,89 €
Ampliación y acondicionamento de edificación existente
para destinar a carnicería charcutería y obrador
Quintáns,
Muxía
Juan Carlos Amigo Montero 58.692,70 € 19.016,43 €
Ampliación Empresa de Excavacións Coristanco Iván Martínez Otero 208.500,00 € 65.052,00 €
Nova instalación para empresa de Climatización e Frío Industrial Vimianzo Proxectos Climáticos de Galicia, SL 540.333,33 € (*) 55.444,96 €
TOTAL     1.209.567,72 € 293.300,28 €

(*) O Expediente de “Nova instalación para empresa de Climatización e Frío Industrial” ten pendente de adxudicar unha axuda de 69.555,04 € que quedan aprobados en reserva, por falta de fondos actualmente na tipoloxía do proxecto.

Por falta de fondos para proxectos produtivos, quedaron en lista de agarda outros 2 proxectos que se pretenden desenvolver en Vimianzo:

1.- “Ampliación Capacidade produtiva de Carpintería Metálica” (MARTÍNEZ Y CAAMAÑO, SL)

2.- “Nova planta de formigón en Vimianzo” (NORGALICIA FORMIGÓN, SL)

Máis novas