Dous proxectos proxectos de Coristanco, un de Baio, un de Vimianzo e outro de Muxía, aprobados polo GDR Costa da Morte

Tras coñecer a lista de proxectos non produtivos (os promocionados sobre todo por Concellos e asociacións), o GDR Costa da Morte dá conta dos proxectos que vén de aprobar cos seus apenas 300.000€ cos que conta nesta anualidade 2025-2026.
TÍTULO DO PROXECTO | CONCELLO | PROMOTOR | INVESTIMENTO | AXUDA PROPOSTA |
Centro de Día Nicoli SL | Coristanco | Centro de Día Nicoli, SL | 317.374,36 € | 125.000,00 € |
Ampliación empresa de instalacións fontanería e renovables | Baio, Zas | Carlos Gabín Riveiro | 84.667,33 € | 28.786,89 € |
Ampliación y acondicionamento de edificación existente para destinar a carnicería charcutería y obrador |
Quintáns, Muxía |
Juan Carlos Amigo Montero | 58.692,70 € | 19.016,43 € |
Ampliación Empresa de Excavacións | Coristanco | Iván Martínez Otero | 208.500,00 € | 65.052,00 € |
Nova instalación para empresa de Climatización e Frío Industrial | Vimianzo | Proxectos Climáticos de Galicia, SL | 540.333,33 € | (*) 55.444,96 € |
TOTAL | 1.209.567,72 € | 293.300,28 € |
(*) O Expediente de “Nova instalación para empresa de Climatización e Frío Industrial” ten pendente de adxudicar unha axuda de 69.555,04 € que quedan aprobados en reserva, por falta de fondos actualmente na tipoloxía do proxecto.
Por falta de fondos para proxectos produtivos, quedaron en lista de agarda outros 2 proxectos que se pretenden desenvolver en Vimianzo:
1.- “Ampliación Capacidade produtiva de Carpintería Metálica” (MARTÍNEZ Y CAAMAÑO, SL)
2.- “Nova planta de formigón en Vimianzo” (NORGALICIA FORMIGÓN, SL)
Máis novas