ASELAFEM analiza a economía dende o punto de vista integral da muller

Xornada formativa feminismos en coletivo de Aselafem en Oza

Precisamente a relación entre cartos e muller foi un dos temas que abordaron as protagonistas do último encontro do grupo “Todas Nós”. Unha relación historicamente convulsa, que necesita seguir rompendo teitos de cristal.

Nesa tesitura atópase a entidade ASELAFAEM - Estudos Laborais Feministas que vén de poñer o broche a un completo programa formativo vinculado á economía femininista.

A entidade, da que por exemplo a costeira Helena Sanmede é socia fundadora, vén de facer un mapa a través das experiencias en primeira persoa de mulleres que lideran proxectos de vida, laborais, artísticos e culturais feministas.

Este ano o cumio tibo lugar cun Espazo de Encontro 2021 celebrado por todo o país, onde se puido “profundizar na visibilización e a denuncia das desigualdades e violencias que o sistema heteropatrialcal continúa perpetuando, no privado mais tamén no ámbito laboral e profesional”.

En torno aos “dereitos laborais, a muller e a tecnoloxía, a captación de fondos públicos, a xestión de conflitos, a facilitación de equipos, a xestión económica de proxectos ou a precarización na contratación pública, xeráronse dinámicas e espazos de intercambio onde construir redes de apoio entre mulleres onde fortalecerse e reclamar colectivamente dereitos e melloras que camiñen cara unha concepción ampla da economía, con perspectiva feminista”. Unha perspectiva que, entre outras cousas, aposta por “comprender o eido laboral máis aló do emprego, tomando en conta e revalorizando o traballo de reprodución e coidados”.

Deste xeito ASELAFEM, este grupo de aprendizase, reflexión e acción creado hai 3 anos, pecha un ano de encontros e conversas, de diversificación, e “apostando pola conxunción do virtual e o presencial para acoller e ampliar territorialidades e identidades diversas xunto e coas que seguir medrando e construíndo desde o feminismo”.

Novas relacionadas