O talento de Todas Nós, á escena

Máis que necesarias estas actividades arredor do emprendemento feminino que organiza a rede de mulleres Todas Nós. O coidadísimo Restaurante Cuatro Perras de Corcubión, acollía o segundo encontro presencial deste grupo, que xa conta con 90 mulleres adheridas.
Foron unha ducia as que puideron achegarse á vila de San Marcos para compartir experiencias, escoitar e aprender das súas compañeiras. Un xeito de empoderamento, de poñer o foco nas dificultades que se atopan as mulleres para emprender, pero de sobre todo, de poñer en valor e visibilizar as demostracións de talento e profesionalidade que temos na comarca.
Se ben todas participaron no vivido debate, as principais protagonistas, que debullaron o seu perfil e historia profesional foron tres:
María Mira, baiesa e experta financieira, tratou polo miúdo esa a relación entre o diñeiro e a muller, analizando dende os asuntos máis macroeconómicos ata o día a día da conciliación.
A corcubionesa Arancha Garrido, explicou a súa historia de emprendemento arredor do produto Toxogel, deixando clara a súa vontade, dende pequena, de facer o que quería facer por sí soa.
Laura Suárez, a deseñadora ceense, falou en clave de talento e impulso creativo.
Aquí deixamos unha peza audiovisual creada por SensorMedia para #QPCtv.
NOVAS RELACIONADAS
- Setembro 21: As mulleres profesionais da Costa da Morte tecen a súa comunidade.
- Marzo 21: 30 mulleres xa forman parte do proxecto #TodasNós.
- Marzo 21: Todas Nós, nace o Punto de encontro das mulleres profesionais da Costa da Morte.
- Patricia Vaquero pon en valor a análise da crise co coronavirus dende a perspectiva de xénero nos #DirectosQPC.