O grupo marfileño Eburnie sae de xira

Co gallo da Festa Africana de Egueire, que se celebrará o 5 de xullo na Picota, chega dende Costa de Marfil ao noso país, o Grupo Vocal Eburnie. E aproveitando a visita, farán unha xira de concertos durante a súa estancia en Galicia. 


O venres 27 de xuño, ás 19:30 no teatro Afundación de Vigo clausurarán o III certame Conexións 2025, organizado pola Fundación Mayeusis, conservatorio dás artes. 

Non faltarán, por suposto, o 5 de xullo na XV Festa africana na Picota.

Ao día seguinte, o 6 de xullo, estarán na XX Xornada de cultura mariñeira "Muros mirando ou mar" ás 13.00h.

Completan a súa estancia con varios concertos pola comarca: O 18 de xullo volverán actuar en Mazaricos; o 20 de xullo en Cee; o 1 de agosto en Vimianzo; o 2 de agosto en Dumbría e aínda están pendentes de confirmar a data da actuación de Fisterra.