domingo. 22.06.2025
El tiempo

Egueire invita á veciñanza a mergullarse na Festa Africana

Imaxe dunha festa africana dos anos anteriores
Egueire invita á veciñanza a mergullarse na Festa Africana

A ONG Egueira prepara xa a XV Festa Africana, unha xornada de sensibilización para que a sociedade da Costa da Morte siga coñecendo máis de preto a cultura e a realidade dos países africanos como Costa de Marfil, de onde son orixinarios os seus fundadores. De feito, a entidade aproveita estas xornadas para amosar en que empregan os fondos recaudados gracias á implicación social da veciñanza. 

A xornada desenvolverase o sábado 5 de xullo na Picota, e haberá exposicións, música, conversas… e un xantar, para o que xa podes reservar a rúa praza ata o 2 de xullo enviando un correo a correo.egueire@gmail.com u ingresando na conta de ABANCA (ES35 2080 0313 9030 4000 5650) indicando quen fai o ingreso e o número de persoas que asisten.
Se non podes ir podes colaborar indicando Mesa 0.

cartel fiesta africana

Máis novas

Comentarios