En Marea vincula a autorización da planta de residuos da Furoca coa moción de censura

En Marea coa Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco

Parece que as máquinas xa andan pola polémica planta de residuos industriais da Furoca, en San Paio, Coristanco. A pesar do rexeitamento social e de que non conta cos permisos ambientais, a Consellería de Medio Ambiente vén de aprobar o visto bo á Declaración de Impacto Ambiental para a súa instalación.

Unha decisión que volveu a provocar a visita de En Marea a Coristanco, onde o vicevoceiro Antón Sánchez, denunciou a relación entre esta autorización e a polémica moción de censura executada o pasado mes de agosto no municipio, que deixou de alcalde a un ex edil socialista gracias aos intereses do PP. “Unha vergoñenta moción que saiu adiante co apoio do PP e cuxo cerebro foi o actual alcalde accidental, Antonio Pensado Plágaro, que está sendo investigado polo Xulgado n.1 de Carballo por delitos de malversación de fondos, prevaricación e abuso de influencias, precisamente polo seo posible trato de favor cando estaba na alcaldía á empresa Gesmaga, promotora da planta”, recordan.

Sánchez reuniouse con membros da Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco, cos que se comprometeu a levar adiante as accións políticas precisas “para evitar que os intereses empresariaais e os comportamentos corruptos se antepoñan ao interese xeral”.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).