En Marea vincula a autorización da planta de residuos da Furoca coa moción de censura
En Marea coa Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco
Parece que as máquinas xa andan pola polémica planta de residuos industriais da Furoca, en San Paio, Coristanco. A pesar do rexeitamento social e de que non conta cos permisos ambientais, a Consellería de Medio Ambiente vén de aprobar o visto bo á Declaración de Impacto Ambiental para a súa instalación.
Unha decisión que volveu a provocar a visita de En Marea a Coristanco, onde o vicevoceiro Antón Sánchez, denunciou a relación entre esta autorización e a polémica moción de censura executada o pasado mes de agosto no municipio, que deixou de alcalde a un ex edil socialista gracias aos intereses do PP. “Unha vergoñenta moción que saiu adiante co apoio do PP e cuxo cerebro foi o actual alcalde accidental, Antonio Pensado Plágaro, que está sendo investigado polo Xulgado n.1 de Carballo por delitos de malversación de fondos, prevaricación e abuso de influencias, precisamente polo seo posible trato de favor cando estaba na alcaldía á empresa Gesmaga, promotora da planta”, recordan.
Sánchez reuniouse con membros da Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco, cos que se comprometeu a levar adiante as accións políticas precisas “para evitar que os intereses empresariaais e os comportamentos corruptos se antepoñan ao interese xeral”.
Artigos relacionados
Novas relacionadas
- Outubro 17: A Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco lembra que a planta de lodos da Furoca non ten autorización ambiental da Xunta.
- Xullo 2017: Paralizadas as obras da planta de de residuos industriais da Furoca.
- Maio 2017: O BNG tamén rexeita a “escombreira” da Furoca.
- Abril 17: “Non queremos escombreiras na Furoca”:
- Marzo 2017: A Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco di que a nave de Gesmaga carece de conexión á rede de saneamento.
- 06-02-17: Acoden á Xunta e á Valedora do Pobo para paralizar a Planta de Residuos Industriais da Furoca
- 23-01-17: Piden no Parlamento Europeo a cancelación defintiva do proxecto mineiro das 7 Julias.
- 30-12-2016: A nova Plataforma de Coristanco solicita información sobre a planta de compostaxe de San Paio.
- 20-12-16: Nace a Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco para loitar contra a planta de residuos da Furoca.
- 18-06-14: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos na Operación Pataca.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).