Lembran que as queimas e barbacoas no campo están prohibidas en situación de alto risco de incendios

Facendo unha barcacoa en Seaia en pleno 16 de agosto

As normas semellan claras. Estamos nunha situación de alto risco de incendios, e cada pequena chispa é unha ameaza para os nosos montes, as nosas casas e as nosas vidas. Por iso, as queimas de restos agricolas e forestais están prohibidas dende marzo ata novo aviso, mentres que as barbacoas no campo tamén están prohibidas do 1 de xullo ao 30 de setembro en toda a comunidade.

Non facerlle caso pode ter consecuencias graves, pero así e todo seguimos vendo neglixencias continuamente. Como as dúas churrascadas que estaban realizando varios veciños esta fin de semana en Seaia, a cantidade de xente está neste punto limpando as fincas con tractores ou desbrozadoras... puidendo lanzar faíscas mortais.

A Garda Civil asegura estar moi alerta e informa de que elevou 4 propostas de sancións esta fin de semana por infraccións graves por risco de incendio esta pasada fin de semana. Entre elas, unha en Arteixo (foi necesaria a intervención na área recreativa de Seixeda-Oseiro, onde se estaban a usar barbacoas incumprindo a normativa vixente), e outra en Carballo, na parroquia de Berdillo, onde unha persoa prendeu unha fogueira dentro dunha propiedade.
 

A Garda Civil lembra que estas accións, levadas a cabo en diferentes localidades da provincia, constitúen unha grave infracción da Lei Forestal e levan multas importantes.  En todos os casos, os responsables víronse obrigados a extinguir o lume de inmediato e propuxéronse sancións administrativas ao abeiro da Lei Forestal (Lei 43/2003), que tipifica estas accións como infraccións graves, con multas que poden oscilar entre os 1.001 e os 1.000.000 de euros.


A Garda Civil quere salientar a importancia da concienciación e a colaboración na prevención de incendios. Nun contexto de risco extremo, o uso do lume incumprindo as prohibicións vixentes pon en perigo tanto o medio natural como a seguridade das persoas.
E fan un chamamento á colaboración cidadá. Se presencias algunha actividade ilegal que poida provocar un incendio, non dubides en contactar coa Garda Civil chamando ao 062.