Lembran que as queimas e barbacoas no campo están prohibidas en situación de alto risco de incendios

As normas semellan claras. Estamos nunha situación de alto risco de incendios, e cada pequena chispa é unha ameaza para os nosos montes, as nosas casas e as nosas vidas. Por iso, as queimas de restos agricolas e forestais están prohibidas dende marzo ata novo aviso, mentres que as barbacoas no campo tamén están prohibidas do 1 de xullo ao 30 de setembro en toda a comunidade.
Non facerlle caso pode ter consecuencias graves, pero así e todo seguimos vendo neglixencias continuamente. Como as dúas churrascadas que estaban realizando varios veciños esta fin de semana en Seaia, a cantidade de xente está neste punto limpando as fincas con tractores ou desbrozadoras... puidendo lanzar faíscas mortais.
A Garda Civil asegura estar moi alerta e informa de que elevou 4 propostas de sancións esta fin de semana por infraccións graves por risco de incendio esta pasada fin de semana. Entre elas, unha en Arteixo (foi necesaria a intervención na área recreativa de Seixeda-Oseiro, onde se estaban a usar barbacoas incumprindo a normativa vixente), e outra en Carballo, na parroquia de Berdillo, onde unha persoa prendeu unha fogueira dentro dunha propiedade.
A Garda Civil lembra que estas accións, levadas a cabo en diferentes localidades da provincia, constitúen unha grave infracción da Lei Forestal e levan multas importantes. En todos os casos, os responsables víronse obrigados a extinguir o lume de inmediato e propuxéronse sancións administrativas ao abeiro da Lei Forestal (Lei 43/2003), que tipifica estas accións como infraccións graves, con multas que poden oscilar entre os 1.001 e os 1.000.000 de euros.
A Garda Civil quere salientar a importancia da concienciación e a colaboración na prevención de incendios. Nun contexto de risco extremo, o uso do lume incumprindo as prohibicións vixentes pon en perigo tanto o medio natural como a seguridade das persoas.
E fan un chamamento á colaboración cidadá. Se presencias algunha actividade ilegal que poida provocar un incendio, non dubides en contactar coa Garda Civil chamando ao 062.