Fitur fíxase no noso Camiño

Jesús Picallo de SOLPOR en Fitur

Ademais da presentación da Mostra do Encaixe, a FITUR mirou onte para o Cammiño da Costa da Morte. Se ben as administracións esqueceron un dos Camiños máis importantes para o sector, o Camiño dos Faros, si que houbo unha nutrida presenza do Camiño Fisterra Muxía. /p>

A Asociación SOLPOR (Asociacion Profesional de Empresarios del Camino De Santiago a Fisterra y Muxía) pudo expoñer o proxecto no posto de Galicia, da man do presidente da entidade Jesús Picallo e o vicepresidente Toño González.

Tamén estivo presente a Asociación de Concellos do Camiño Fisterra-Muxía, con presenza dos Concellos de Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra, ao amparo da Deputación, que quixo poñer en valor a riqueza paisaxística, patrimonial e social da provincia.

Máis novas