Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe estrea a presenza costeira na FITUR

Camariñas-Costa da Morte-FITUR_2024
A Mostra do Encaixe estrea a presenza costeira na FITUR

Arrincaba onte FITUR e, un ano máis, a comitiva de alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte é absoluta. Poucos son os Concellos da Costa da Morte que non acoden a esta feira turística, a pesar de que son moi poucos os que toman protagonismo.

Si que foi protagonista na primeira xornada, convertíndose na primeira presentación da Costa da Morte, a Mostra de Encaixe de Camariñas. O Concello levou a campaña “Camariñas Sorprende” nun acto celebrado no stand de Tourespaña, no que se amosou un vídeo promocional, no que se pretende dar valor ás festas, ás tradicións, ás paisaxes e a gastronomía do municipio. Desde a maior lumarea de San Xoán de toda Galicia pasando polo Día do Carme en Camariñas e Camelle coas dúas danzas de arcos e procesións marítimas, a festa do Ariño en Xaviña, o caldo de Riola na Ponte do Porto e San Bartolo en Arou.

Ademais, na peza audiovisual tamén se poden apreciar as impresionantes paisaxes que conforman o municipio, a súa extraordinaria gastronomía, a beleza do ceo que permitiu que Camariñas fose designado como destino Starlight, o Camiño dos Faros e, como non, o encaixe e a Mostra.

A Mostra do Encaixe na Gran Vía
A Mostra do Encaixe nas pantallas do centro de Madrid como nesta da Gran Viía

Unha Mostra de Moda

Así, tamén presentou o XXXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará en Semana Santa, do 27 ao 31 de marzo.

CARTEL MOSTRA Encaixe 2024

A intención do cartel, que na súa estrutura quere imitar ás cabeceiras máis recoñecidas das revistas de moda, é, por un lado, atraer ao público máis mozo, e, polo outro, poñer o foco na vertente da moda máis que na da artesanía, que tamén está recoñecida.
Unha declaración de intencións plasmada xa no propio cartel, obra do deseñador galego afincado en Marbella, Esteban Freiría, que busca un cambio de tendencia con respecto á imaxe das anteriores edicións e deixa ben claro o que é hoxe en día a Mostra e o encaixe: modernidade e vangarda.

A Deputación centra a Fitur na sustentabilidade turística

O vicepresidente da Deputación, o carballés Xosé Regueira, realizpou presentación de “Provincia da Coruña, territorio sostible”, salientando a necesidade de poñer en marcha políticas que fomenten un turismo sostible dende un punto de vista social, económico e medioambiental. Desta volta non estivo presente a Costa da Morte na sesión provincial, que centrou o tiro no plan Vía Verde Compostela – Tambre – Lengüelle, cunha peza audiovisual sobre esta senda.

Xose Regueira na Fitur
Xose Regueira no stand de Tourespaña

Comentarios