Medio Rural aporta fondos para Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas

Os concellos da zona veñen de asinar un convenio coa Consellería de Medio Rural para Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM). O titular de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, reuníase onte, na Casa da Cultura de Mazaricos cos alcaldes.
As obras teñen como obxectivo fundamental dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia.

Obxecto e Actuacións do PEIM

O convenio establece que o Ministerio, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, colabore no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais por un importe máximo de 19.000.000 €. Pola súa parte, a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural por un importe máximo de 9.500.000 €. A estas infraestruturas, que están financiadas integramente con diñeiro da Xunta, sumaranse outras novas cando o Ministerio aporte a súa parte.

CONCELLOPRESUPOSTO
Cabana de Bergantiños53.463,14 €
Camariñas19.164,94 €
Carnota21.172,79 €
Cee21.351,63 €
Coristanco45.980,24 €
Dumbría47.620,23 €
Fisterra7.133,82 €
Laxe44.690,45 €
Malpica22.501,52 €
Mazaricos40.844,92 €
Muros22.374,26 €
Muxía42.562,07 €
Outes36.442,77 €
Ponteceso28.882,50 €
Santa Comba53.554,47 €
Vimianzo40.793,78 €
Zas46.423,38 €

Novas relacionadas

Fonte

  • Medio Rural.