Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Vimianzo foi un MODELO de desenvolvemento

Vimianzo foi un MODELO de desenvolvemento

Esta pasada fin de semana desenvolveuse na capital soneirá a primeira das xornadas do I Congreso MODELO de Desenvolvemento Local. Un Congreso organizado pola Asociación de Axentes de Desenvolvemento Local AFIPRODEL e que trata de ser un punto de encontro para unificar e amosar novos modelos de progresos no rural costeiro.

Aprendizaxe para os ADL

O sentido fundamental deste Congreso é formar aos propios Axentes de Desenvolvemento Local dos concellos da bisbarra. En total, asistiron máis de 100 profesionais do sector, tomando argumentos co fin de que poidan orientar aos novos emprendedores para investir afincarse na nosa zona.

Unha das coordinadoras, Rosa Sánchez explica que "Os ADL estamos aprendendo moito neste congreso, pero o máis importante é contactar con expertos e expertas en temas diversos, e sobre todo cos colegas de profesión".

Cambio do modelo produtivo

Unha das ideas que máis afondaron os expertos foron a reorientación do modelo produtivo da Costa da Morte.

Ademais a creación de emprego, pensando na innovación e na creación de redes de colaboración entre pemes como posible camiño de futuro. A "eficiencia", outro ben escaso no país, pode ser outro dos puntos nos que se sustente o reflote da economía rural costeira.

Moreas de iniciativas emprendendoras e sostibles

Foron moitas as propostas que achegaron expertos de toda a península. Como por exemplo o catalán Oriol Estela Barnet, experto en desenvolvemento Local da Deputación de Barcelona, que da man da coordinadora Rosa Sánchez tratou a crise como oportunidade para un desenvolvemento local intelixente, harmónico e sostíbel.

O relatorio inaugural, “Marco de oportunidades para o desenvolvemento local dos territorios e poboación” trouxo a Rubén Lois á palestra. O membro do Comité Científico do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (Idega) foi presentado por Lola Pena, presidenta da Afiprodel.

Pasaron polo estrado iniciativas innovadoras en materia de agricultura ecolóxica, cooperativas ou propostas de ecoturismo. Propostas poden servir de guía para novos emprendendedores da zona e para que os non tan novoso poidan reconducir o seu negocio e salvar a crise do xeito máis sostible.

O Congreso rematou cunha visita á Casa da Cultura de Olveira, en Dumbría, onde o alcalde José Manuel Pequeño informou das novidades que o concello dumbriés ven realizando en materia cultural e deportiva.

Vindeira cita

A semana que vén Corcubión acollerá a segunda sesión do I Congreso Modelo de Afiprodel. Xa poden ollar o Programa de actividades e charlas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios