Os alumnos do EFA Fonteboa aprenden novas vías de desenvolvemento rural en Francia

Non deixamos de loubar o grande traballo que está a realizar dende o Centro de Formación Rural EFA-Fonteboa de Coristanco. E o traemos a QPC porque consideramos que pode ser un exemplo para a creación de novos centros formativos no sur da bisbarra (Mazaricos sería un lugar idóneo) con esta visión práctica e apoiada na realidade social.

As últimas novas que nos chegan dende Coristanco apuntan a un curso de Apicultura, e unha viaxe ata Francia para coñecer a realidade do rural europeo e tomar boas notas de novas vías de desenvolvemento rural.

Viaxe por Europa

A viaxe, que partirá o 17 de marzo con visitas inicias as granxas en Zaragoza e Huesca, para logo visitar a realidade do país veciños. Non voltarán ata o 26 os alumnos do centro e poderán visitar La Guyonniére (La Vendée – Pays de La Loire).

Contan coa colaboración do Centre de Formation et Promotion - Institut de Formacion Superieur "MESLAY", e a viaxe parte con claros obxectivos:

  • Descubrir a importancia da comunicación entre os agricultores a través das diferentes estructuras asociativas (GAEC, CUMAS, GEDAS, GIES, ...)
  • Analizar a evolución e tendencias da actividade agraria na rexión nas diferentes producións (leite, carne, horticultura e producións hor-sol).
  • Valorar os sistemas de produción sostibles (economía, medio ambiente e sociedade)
  • Coñecer o posicionamento dos profesionais do sector agrario ante as reformas da Política Agroalimentaria da Unión Europea.
  • Reflexionar sobre a ordenación do territorio e o rol estratéxico da agricultura nas zonas rurais.

Valor engadido

A idea é que os novos alumnos coñezan novas Iniciativas sobre valorización das producións agrarias (transformación das producións en orixe, sistemas de venda alternativos, etc). Para iso poderán facer un Intercambio directo de experiencias cos agricultores da rexión sobre as expectativas da agricultura atlántica no horizonte de 2013 (Reforma da PAC, reinvindicacións da PAAC, etc).

Poderán ver ademais detalles da organización do traballo nas explotacións de leite Investimentos de maquinaria e calidade do traballo nas explotacións. Ademais de coñecer actividades complementarias á producción de leite: produccións especializadas e intensivas, exemplos de diversificación, produccións con denominación específica, etc

Curso de Iniciación á Apicultura

O curso comezará mércores 2 de marzo, en horario de 17:30h a 19:30h. O curso durará ata o 26 de marzo, custa 50 € (socios da Asociación EFA Fonteboa, 40 €) e poden formalizar as súas inscripcións no propio Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa - 981 733 051.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos da man de Luís García Fenández, Director Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa.