Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa aprende aos gandeiros as novas aplicacións informáticas

O EFA Fonteboa aprende aos gandeiros as novas aplicacións informáticas
O sector gandeiro estase a modernizar a pasos axigantados. A nova lei, ademais de eliminar máis dun cento de veterinarios, fai que o sector teña que introducir novas aplicación informáticas nas granxas. As queixas son moitas dende o seo do sector unha vez que as infraestruturas aínda non están preparadas e sen ir máis lonxe, centos de granxas aínda non teñen cobertura de internet. Para que o sector vaia adaptándose aos novoso tempos, ao longo do presente mes de novembro, o Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, en Coristanco, con colaboración da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica dá Presidencia dá Xunta de Galicia, está impartindo varios obradoiros de iniciación á aplicación informática AINFOVAC nos que participan gandeiros de leite de diferentes comarcas. Ainfovac é unha aplicación informática para a xestión integral dunha explotación de leite, elaborada no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, dentro das actividades de AINFOGRA (aula de informática agraria), baixo o soporte de software libre, Linux. O obxectivo destes obradoiros é difundir, formar e informar sobre AinfoVac como Software de Xestión Integral da explotación agrogandeira.

Citas pola bisbarra

Na primeira quincena do mes desenvolvéronse varios obradoiros nos municipios de Cesuras, Aranga e Frades; e nas dúas semanas finais están programadas sesións de formación en Ponteceso, Coristanco, Tordoia, Ordes e Rois. Para o luns 22 están gandeiros de Ponteceso e Malpica reuniranse en Leira A Devesa, de Langueirón para asistir ás explicacións de Ainfovac. O martes 23 a sesión inicial será en Fonteboa para gandeiros de Coristanco e Carballo, mentres que o mércores 24 as explicacións serán en Olveira (Dumbría) dirixidas a gandeiros de Dumbria e Mazaricos. E para terminar nesa semana, o venres 29, no concello de Rois, convocados pola Agrupación de Defensa Sanitaria desa zona.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos da man de Luís García Fenández, Director Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa.

Comentarios