A canto sae un ferrado na Costa da Morte?

15:52 10/12/10

Medida dun Ferrado na Costa
Sacamos os datos dun estudio de "Medidas tradicionais galegas", no que participou Manolo Souto, CEIP de Carnota.

Comportamento por comarcas
Malia que podemos obter unha media de 444 m2 por ferrado na Costa da Morte, este é un dato pouco fiable. Deste xeito, notamos un claro comportamento por comarcas, sobre todo dende a parcelaria. Con todo, cómpre sinalar que os límites das comarcas non son os administrativos, senón os naturais, como nos conta o propio Luis Giadás.- Ferrado soneirán: As Comarcas de Soneira e Fisterra (agás Cee), e o curioso concello de Mazaricos, contan cunha medida estándar de 424 m2 o ferrado. Cómpre sinalar que en toda Galicia, só o concello de Rois cumpre con esta medida.
- Ferrado bergantiñán: A Comarca de Bergantiños (os 7 concellos que a forman) conta 524 m2 por ferrado, única en toda Galicia.
Un pouco de historia
Varios dos nosos especialistas comentáronnos que antes da parcelaria, que comezou nas nosas terras aló polos anos 60 e que en moitos lugares, coma Cerqueda, aínda está en marcha, as medidas eran máis particulares. Luis Giadás explícanos: Respeito ás medidas, é certo que os ferrados, tegas, fanegas, etc, eran distintos por parroquias antes da división definitiva en concellos, xulgados de partido e provincias, baixo o ministro Cea Bermúdez, durante a Rexencia de María Cristina de Borbón, en 1833, e aínda tardaría décadas en implantarse o ferrado comarcal, hoxendía vixente. Por iso, nos documentos dos séc. XVII e XVIII, piden os impostos "pola medida de Castela" (documentos parroquiais, por exemplo). Habería que consultar o Catastro do Marqués de Ensenada, de mediados do S. XVIII, apunta Giadás.Casos particulares
Como nos conta Xoán Ramón Alvite, o Concello de Mazaricos ten unha particularidade especial. A súa situación entre a comarca do Xallas e as de Soneira e Fisterra, fai que teña unha medida intermedia, que varía mesmo por parroquias. Deste xeito, na metade este do concello son 528 metros e na metade oeste son 424. Alvite matiza: As parroquias de arriba (Antes, Alborés, Maroñas, Eirón) teñen ferrados de 528 metros igual que o concello de Negreira co que limitamos. É curioso que non nos acoplaramos con Santa Comba pero vaite ti a saber porque foi. E moito máis raro aínda pensando en que a xente de aquí iba á feira a Santa Comba vender as colleitas. Pola súa banda, as parroquias do oeste (Chacín, Mazaricos, Corzón, Beba, Os Vaos, Colúns e Arcos) utilizaban 424, coido que máis por unha cercanía aos concellos da Costa (Muros, Carnota, Cee, Noia) cos que tiñan máis relacións comerciais e que tamén utilizan uns ferrados máis pequenos. Outro exemplo é Cabana de Bergantiños, onde o ferrado mide 524 m2 entre as aldeas de O Vento e A Margarida. Mentres que na parroquia cabanesa de S. Estebo de Anos xa contan co ferrado o típico soneirán, é dicir, 424 metros cadrados.Outras medidas
Pero a cousa dá para moito máis. Xa comenzando por diferentes tipos de ferrado, xa que non é o mesmo un ferrado de superficie que un de capacidade, e entre istes había o ferrado da vila e o da feira. Ademais había outra medida de capacidade inferior, a canada. Outras como a arroba, ou a vara. Fálan tamén de cuenca (1/12 de ferrado) e cuartillo (1/24 de ferrado), e por eso sempre vai a ser un múltiplo de 24 os metros cadrados que teña un ferrado. Aí van outras equivalencias:- 1 ferrado = 4 carros. 1 carro = 100 metros cuadrados (según unha avoa de Fisterra).
- 1 ferrado son 336 m2 (ou 120 varas).
Escolas de ferrado
E a de cousas que trae tras de si o ferrado. Como esas Escolas de Ferrado, ás que acodían nenos polos que os pais pagaban en ferrados de millo, centeo ou trigo. E por certo, que hai do prezo dun ferrado? canto custa un ferrado de trigo? Iso daría para outro bo estudio... Polo de pronto quedamos coa medida en m2, asíque agardamos a vosa participación indicándonos as medidas das vosas parroquias.Máis información
- ESTUDIO de Edugaliza: "Medidas tradicionais galegas", no que participou Manolo Souto, CEIP de Carnota.
- www.escoladeferrado.es.
- Ferrado, la medida imposible.
Novas relacionadas
- Estudio poboacional da Costa: Unha de cada catro persoas da Costa da Morte viven fóra.
- Que pasou na Costa: Movementos migratorios na Costa (1700- 1860) (IV).
- A cara máis íntima do naufraxio: O bou Micaela naufraga no Meixón (1935).
- Tesouros da Fundación: Aparello de Nollet.
- Elección Histórica da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Foto de http://historiadeortono.blogspot.com.