Os veciños do Outeiro, Agualada, terán un acceso seguro ás fincas que lindan coa Autovía Costa da Morte

Estado das obras do viaducto Lume de Suso (Agualada) no mes de setembro A veciñanza do lugar de O Outeiro, na parroquia coristanquesa de Agualada, obtiveron onte o comprimiso da Xunta para que poidan acceder de forma segura ás fincas colindantes coa autovía Costa da Morte. Así llo manifestou onte en Baio o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, durante unha reunión que mantivo co alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira, e cun grupo de veciños da zona afectada. O responsable de Infraestruturas manifestou a plena vontade da Xunta de atender a preocupación dos propietarios destas fincas procurando unha solución segura de acordo cos criterios técnicos, garantindo en todo caso o acceso ás fincas. Nese sentido informou da mellora do trazado dos camiños de servizo situados en O Outeiro, reducindo a súa pendente lonxitudinal. Así mesmo, avanzou que a previsión é colocar barreira de seguridade e afirmar estes camiños cun pavimento de formigón rugoso onde a pendente lonxitudinal sexa maior. Deesta maneira garántese axeitadamente a tracción dos vehículos nas circunstancias meteorolóxicas máis adversas. Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Consellería de Infraestructuras e Vivenda