As receitas Estrela: As ameixas a mariñeira da Casa Amanda
Continuamos descubrindo a hostalería e a singular gastronomía da Ría da Estrela da man da Asociación Turística Comarcal da ría de Muros Noia Ría da Estrela. Facémolo hoxe dende Casa Amanda, un restaurante familiar fundado en 1935 na Serra de Outes, atendido pola terceira xeración de restauradores.
Conta cunha cociña de estilo tradicional, especializados e coñecidos na carne á pedra, están moi sensibilizados con cociñar sen gluten estando o restaurante recoñecido pola Asociación de Celíacos de Galicia.
A receita que nos trae cumple xa 90 anos: Ameixas á mariñeira estilo Amanda.
Necesito os seguintes ingredientes:
- 1 kg ameixas.
- 1 kg de cebola.
- 1/2 kilo de tomates maduros sin pel.
- Pementa negra.
- Loureiro.
- Sal.
- Aceite de oliva.
- 1 culler de maizena.
- 1 vaso de viño branco.
Pochamos a cebola picada co aceite, sal, pementa e loureiro co lume baixo máis de 40 minutos, engadimos o tomate triturado e o vaso de viño branco misturado coa maizena deixando cocer a lume baixo dandolle voltas para que non se pegue a salsa no fondo da tarteira. Unha vez espesou a salsa, reservamos.
Unha vez lavadas as ameixas; poñemos nunha cazola o lume, cun pouco de aceite de oliva e cando empeza abrir a ameixa, engadimos a salsa mariñeira movendo amodiño para non perder a vianda.
”Esta receta que gardamos celosamente dende anos, queremola compartir con vós, que seguro que vai ser a favorita das festas e eventos importantes na familia, un chisco da nosa Casa Amanda na vosa mesa. Bo proveito!!”