sábado. 17.05.2025
El tiempo

As receitas Estrela: O biscoito de Matilde dos Apartamentos rurais de Abelleira

O biscoito de Matilde de Abelleira
O biscoito de Matilde
As receitas Estrela: O biscoito de Matilde dos Apartamentos rurais de Abelleira

Estreamos hoxe unha nova sección da man da Asociación Turística Comarcal da ría de Muros Noia Ría da Estrela. Facémolo invitando a coñecer o poder hostaleiro das vilas costeiras a través das sáus ricas receitas!

E comezamos cos Apartamentos rurais de Abelleira, un espazo que combina mo ben a beleza tradicional galega co confort contemporáneo, tendo aberto recentemente un espazo coworking e coliving para reunións ou eventos.

Apartamentos Abelleira

Están rexeitados por Matilde, que nos trae unha receita dun riquísimo biscoito que en ocasións ofrece aos seus clientes nos almorzos. Unha receita moi sinxela, cun toque de aceite de oliva que achega aroma característico.

Para iso imos necesitar os seguintes ingredientes:

  • 5 ovos.
  • 1 iogur natural.
  • 3 culleradas de Aceite de oliva.
  • 2 iogures de azucre.
  • 3 iogures de fariña.
  • Un sobre de fermento.
  • 1 noz de manteiga.
  • Azucre glass (decoración).

Empezamos a elaboración prequentando o forno a 200º, e preparamos o molde de biscoito previamente untado coa manteiga e espolvoreado de fariña.
Nun dos boles separamos as claras das xemas. No recipiente das xemas mesturamos o aceite de oliva, 1 yogurt e no mesmo envase do yogurt medimos 2 de azucre e 3 de fariña, sen deixar de mesturar engadímoslle un sobre de fermento químico. No bol da claras montámolas a piques de neve e engadimos o batido anterior, removendo aos poucos para que non se baixen as claras. Colocamos o batido no seu recipiente e enfornamos durante 35 minutos. Deixamos arrefriar e cun colador espolvoreamos o azucre glass.

Bo proveito!!!!

Outras novas

Callos de Muros

Comentarios