As reflexións dos colectivos costeiros tralo primeiro Faladoiro sobre a Pandemia en clave feminista
02 de maio de 2020 (12:22 h.)
Este xoves tivo lugar o primer Faladoiro sobre a Pandemia en clave feminista no que participaron as distintas asociacións feministas da Costa da Morte. Unha cita para intercambiar sentimentos e impresións que nos xurden nesta tempada.
A Organización Feminista Buserana recupera aquí algunhas das reflexións que xurdiron no foro:
- Este sistema capitalista neoliberal enférmanos coma sociedade por esta contínua explotación de persoas e recursos naturais xa que non pon a Vida no centro.
- Mulleres na casa, traballo 24 horas. Total disponibilidades, apoio emocional e crianza.
- A casa non é segura se tes que convivir co teu maltratador.Hai un considerable aumento das denuncias por situacións de maltrato.
- “Sen coidado, non hai vida” berrabamos o 8M. Estes coidados son realizados maioritariamente por mulleres, os chamados agora servizos básicos: caixeiras, limpadoras, coidadoras.... Adoitan ser traballos mal remunerados, precarizado e pouco valorados(ata o de agora). Se ese traballo o realizan mulleres migrantes, moitas delas sen seguro, nen papeis, en situación irregular, a situación é de moita vulnerabilidade. De aí a campaña Regularización xa!!! que berra ningunha persoa sen dereitos!!
- Aumento da precariedade e risco de pobreza de moitas mulleres que quedaron sen traballo, de coidados, e teñen que acudir aos Servizos Sociais.
- A brecha dixital existe no rural e amósase agora máis que nunca cando é imposible para as familias máis vulnerables poder acceder a axudas “on-line”.
- Comprobamos que non precisamos consumir tanto para poder vivir. E que temos que apostar pola producción local que coida e protexe a contorna.
- Cremos que o cambio hai que construilo e que todos os avances logrados a nivel laboral e social (ERTE,non cortar luz e auga...)deben manterse despois desta Pandemia.
- Cremos que debemos seguir loitando polos servizos Públicos para garantir que todo o mundo poda acceder a eles e protexer ás persoas que realizan estes servizos esenciais mellorando as súas condicións laborais.
- Cremos que debemos manter as redes veciñais que se foron creando asi como as redes de apoio e solidariedadecoas persoa máis vulnerables, de novo a vida no centro.
Novas relacionadas
- Galería de #8M na Costa da Morte.
- Todas as crónicas do pasado 8M.
- As catro asociacións feministas da Costa da Morte reúnense nunha Tertulia Violeta.