@s profesionais dos Centros de Saúde paran ante a catastrófica situación da Atención Primaria

Paro no Centro de Saúde de Baio

Volveron as concentracións aos Centros de Saúde da Comarca. Centros como os de Baio ou Carballo secundaron o paro convocado por todos os sindicatos (CCOO; CIG, CSFI, USA, SATSE, UGT e OMEGA) ante a precaria situación da Atención Primaria.

Piden á Xerencia solucións ante a situación actual, que califican de “zona catastrófica”, ante a falta de medios e, sobre todo, de persoal.

O primeiro paro foi ás 12:00h e haberá unha segunda quenda ás 18:00h.


Paro no Centro de Saúde de Carballo