Saltou a lebre: 10 incendios en apenas 24 horas
Esperaron os incendiarios que houbese uns bos días de nordés para comezar a prender. Semella que se puxeron dacordo en toda Galicia. Pero comezaron ben, obrigando aos efectivos pasar dúas xornadas maratonianas case sen descanso.
O máis importante destes días foi o incendio de Niñóns, en Ponteceso, que estivo máis de 24 horas activo, e acabou sendo controlado ás 20:00h de onte, tras arrasar unhas 118 hectáreas, das cales 47 son arboradas e 71 rasas.
Pero non foi o único. Xa contamos o de Razo (Carballo), que afectou a 2,5 hectáreas durante a tarde do luns. Tamén en Carballo houbo un conato en Sofán.
Na Laracha, houbo ata 5 incendios forestais, provocados ás mesmas horas, na madrugada do luns ao martes. As rápidas interenvencións permitiron controlalos rápidos con superficies afectadas en torno ás 2 hectáreas. O máis difícil de controlar foi o da parroquia de Golmar.
Xa pola tarde, tarredor das 16:00h rexistrábase un lume en Coristanco, con axentes terrestres e aéreos traballando arreo.
En Vilaseco, Vimianzo, controuse rápido un incencio e apenas afectou a media hectárea.