"A senda é a ferramenta de protesta"
25 de xaneiro de 2019 (11:46 h.)
A hostalería usada como arma política
Estes días, cas redes sociais encedidas de polémica, aparecía en escea a voz dos hostaleiros, a través da prensa tradicional, sinalando que se queixan da posible suspensión do campionato por un susposto perxuizo económico. Entre os grupos opositores á cita, lamentan a falta de ética periodística da prensa, e mesmo a Plataforma Senda Solidaria quere desmentir esas palabras ”porque eso non se dixo en nome dos hostaleiros, se non que se dixo por alguén que está facendo política no seu nome”. A Plataforma veciñal quere, de feito, “agradecer o apoio de todos hosteleiros da zona de Muros e Carnota , que non só nesta iniciativa senón en todas as que organizamos, nos están apoiando constantemente. Porque saben que a riqueza se mide promovendo o consumo local, coma fan moitas das agrupacións ecoloxistas, e que eles mesmos comprobarán cando as 150-200 persoas que veñan á Andaina van xerar gasto na vila sen necesidade de acabar coas especies que dan riqueza aos nosos bosques”.Grupos de toda Galicia
Ata o estudantado contra a caza
Ata o alunado dos centro IES Fontexeria e IES As Ínsuas quere amosar o seu rexeitamento, e fíxoo ante a dirección de ambos centros aa oposición a este actividade, a través do seguinte manifesto
As alumnas e alumnos do IES Fontexería e IES As Insuas de Muros poñemos de manifesto a nosa protesta contra o campionato de caza do raposo que terá lugar nos montes dos concellos de Muros e Carnota este fin de semana, á vez que reclamamos a súa suspensión.
- Non queremos asasinatos masivos!
- Salvemos as nosas especies!
- Salvemos aos animais!
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/unha-andaina-solidaria-para-frear-a-caza-do-raposo/- O executivo de Carnota rexeita o campionato de caza de raposo que queren realizar este sábado nos montes de Muros e Carnota.
- A caza do raposo, no punto de mira.