mércores. 04.12.2024
El tiempo

"A senda é a ferramenta de protesta"

"A senda é a ferramenta de protesta"
Debuxo das costeiras Eres Curioso desmontando os argumentos da Caza do raposo Debuxo das costeiras Eres Curioso desmontando os argumentos da Caza do raposo Xa son máis de 150 os inscritos (as inscricións péchanse esta noite de venres ás 0:00, e é non apta para menores de 18 anos) que van participar na Andaina Solidaria deste sábado en Muros. Unha Andaina polo Colectivo Senda pensada en principio para recadar fondos para reforestar con especies autóctonas, pero que, acaba fusionando a causa ecoloxista á animalista coa idea de frear o XXIV “Campionato” Galego de Caza do raposo que se celebrará este sábado 26 de xaneiro nos montes de Serres (Muros) e Carnota. Co rexeitamento dos propios Concellos, pero co apoio da Xunta de Galicia, este chamado “Campionato” confronta de cheo a boa parte da veciñanza da Costa da Morte, onde o colectivo de cazadores é moi numeroso. Neste caso, os colectivos animalistas non queren nin entrar no fondo do debate de “caza si-caza non”. Neste caso queren deixar claro que sobre o raposo non hai estudos cinexéticos que avalen estas sesións, por iso piden a suspensión da cita.

A hostalería usada como arma política

Estes días, cas redes sociais encedidas de polémica, aparecía en escea a voz dos hostaleiros, a través da prensa tradicional, sinalando que se queixan da posible suspensión do campionato por un susposto perxuizo económico. Entre os grupos opositores á cita, lamentan a falta de ética periodística da prensa, e mesmo a Plataforma Senda Solidaria quere desmentir esas palabras ”porque eso non se dixo en nome dos hostaleiros, se non que se dixo por alguén que está facendo política no seu nome”. A Plataforma veciñal quere, de feito, “agradecer o apoio de todos hosteleiros da zona de Muros e Carnota , que non só nesta iniciativa senón en todas as que organizamos, nos están apoiando constantemente. Porque saben que a riqueza se mide promovendo o consumo local, coma fan moitas das agrupacións ecoloxistas, e que eles mesmos comprobarán cando as 150-200 persoas que veñan á Andaina van xerar gasto na vila sen necesidade de acabar coas especies que dan riqueza aos nosos bosques”.

Grupos de toda Galicia

O domingo 27 de xaneiro haberá concentración na Coruña contra a caza do raposo convocada por FreeFox O domingo haberá concentración na Coruña contra a caza do raposo convocada por FreeFox Son numerosos colectivos os que se están interesando por participar na Senda (Verdegaia, Boca de Sapo, Monte Pindo, Anajata, Os Palleiros, Libera, Protectora de Animales de Tui Aloia, Colonias Cangueas, Plataforma pola Convivencia ética coa Faina Silvestre, Adaga, SOS Animalia, Sen Pultas, Refugio Bea Heyder, Plataforma Pro Animanales de Olviedo, Free Fox, Alecrín, Proyecto Gato, Refugio Noé de Pontevedra… Pero dende Muros teñen claro que “ningún é a Senda. A senda somos veciños de varias causas distintas. A senda é ferramenta de protesta”.

Ata o estudantado contra a caza

Alumnado dos IES de Muros contra a caza do raposo Alumnado dos IES de Muros contra a caza do raposo
Ata o alunado dos centro IES Fontexeria e IES As Ínsuas quere amosar o seu rexeitamento, e fíxoo ante a dirección de ambos centros aa oposición a este actividade, a través do seguinte manifesto
As alumnas e alumnos do IES Fontexería e IES As Insuas de Muros poñemos de manifesto a nosa protesta contra o campionato de caza do raposo que terá lugar nos montes dos concellos de Muros e Carnota este fin de semana, á vez que reclamamos a súa suspensión.
  • Non queremos asasinatos masivos!
  • Salvemos as nosas especies!
  • Salvemos aos animais!
Dicimos NON á caza do raposo!

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-andaina-solidaria-para-frear-a-caza-do-raposo/

Comentarios