Senda Nova arrinca o seu programa de Primavera en Ruta
16 anos leva xa a Asociación Ambiental Senda Nova desenvolvendo un dos programas de achegamento á natureza, de andainas, máis completos e fermosos de toda a Costa da Morte. Foi a propia cativada ligada á entidade a que presentou o pasado sábado no Espazo de Natureza de Oza o novo programa para esa primavera de 2025, que inclúe 8 saídas dende este domingo 23 de marzo ata o 25 de maio.
Esta edición ten como subtítulo “Xuntas”, en homenaxe a todas cantas entidades e Concellos que levan colaborando coa entidade. A Asociación agradece a participación dos Concello de Carballo, o Concello da Laracha e o Concello de Malpica de Bergantiños, pero tamén aos Concello de Zas e o Concello de Trazo e de Guitiriz; así como á Asociación Lourido de Coristanco, a A. V. de Aldemunde de Arriba ou a entidade Veciños polo Rural de Cerceda; ou tamén a Plataforma da zona central asturiana Salvemos Peñamayor, e o Grupo Naturalista Mavea, que centra a súa actividade na contorna de Avilés. Non esquecen á a difusión e coordinación a Escola Oficial de Idiomas de Carballo que, xunto coa labor de Protección Civil de Carballo, apoian cun importante esforzo.