luns. 17.02.2025
El tiempo

Carballo

José Manuel Menéndez en Lx15: “En Galicia, no rural, a lingua maioriaria é o galego; os que falan en castelán están amoreados”

En asturianu sorprendía, José Manuel Menéndez, empezando a súa ponencia na décima edición LGx15, a iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) para espallar a nosa lingua. Porque o noso guía de montaña, alma de Vía Inqueda e da Asociación Ambiental Senda Nova é natural da conca mineira de Asturias, onde medrou rodeado de monte e falando unha das “linguas pequeniñas” que tanto adora.

Menéndez conta na ponencia como aos 16 anos, recén chegado de Asturias, saia coa bici polos montes bergantiñáns, para escapar desa morriña da súa terra, e tamén para debuxar a terra verde.
Destacou a ligazón do patrimonio inmaterial lingüistico co patrimonio natural do noso país; pero tamén contou unha fermosa historia sobre Malpica de Berganitños, “o sitio de menos finura de Galicia”.

En clave lingüística, falou sobre o autoodio, paralelo ao autoodio paisaxístico, que fai que as administracións esnaquicen a lingua e a natureza. E puxo de exemplo da perda de falantes aos rapaces da Escola Ambiental de Senda Nova, que falan de bidueiros, de porcoteixos, cando se refiren á propia escola, pero que despois falan en castelán entre eles sobre o Minecraft ou o Macdonals.

Iso si, fachendeo de que “en Carballo bótase o galego por fóra, e que nos días de feira cargan palabras en galego para Coruña, ademais de patacas”. R rematou cunha frase esperanzadoras: “en Galicia, no rural, a lingua maioriaria é o galego; e os que falan en castelán están amoreados, porque viven nas cidades”.

Setenta vídeos para o futuro da lingua

Interesantísima tamén a achega do xornalista musical Rodri Míguez fíxonos propostas para mellorar entre a mocidade o coñecemento da musica en galego, coa intervención “Onde está o teito da música en galego”.

Pero cómpre destacar que cos vídeos deste ano a CTNL compila 70 intervencións con experiencias, propostas e ideas para o futuro da lingua. Todas elas poden verse no web do LGx15 e na súa canle de YouTube

Máis novas

José Manuel Menéndez en Lx15: “En Galicia, no rural, a lingua maioriaria é o galego; os que falan en castelán están amoreados”