Sobe un 1,6% o prezo da bombona de butano

O butano segue sendo un dos sistemas máis empregados no ámbito doméstico 14,68€. A partir de hoxe será ese o custe dunha bombona de butano de 12,5 quilogramos, un recurso que a día de hoxe segue sendo un dos máis empregados tanto para a cociña e para quentar a auga. Segundo denuncia Facua, o butano sufriu un incremento do 14% desde xaneiro de 2017; data na que o custe da bombona era de 12,89€. O prezo da bombona revísao bimestralmente a dirección xeral de Política Energética y Minas do Ministerio de Energía. A asociación de consumidores reclámalle ao Goberno que estableza outros instrumentos de cálculo na revisión de tarifas "que garantan a protección dos intereses económicos de todos os consumidores", sinalan. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Facua