![gas-cocina]()
O butano segue sendo un dos sistemas máis empregados no ámbito doméstico
14,68€. A partir de hoxe será ese o custe dunha
bombona de butano de 12,5 quilogramos, un recurso que a día de hoxe segue sendo un dos máis empregados tanto para a cociña e para quentar a auga.
Segundo denuncia Facua, o butano sufriu
un incremento do 14% desde xaneiro de 2017; data na que o custe da bombona era de 12,89€. O prezo da bombona revísao bimestralmente a dirección xeral de Política Energética y Minas do Ministerio de Energía.
A asociación de consumidores reclámalle ao Goberno que estableza outros instrumentos de cálculo na revisión de tarifas "que garantan a protección dos intereses económicos de todos os consumidores", sinalan.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Facua