Estas son as achegas do POS+Social da Deputación nos 19 concellos da Costa da Morte
- O programa permite financiar servizos como a axuda no fogar, xantar na casa, respiro familiar, programas de conciliación e apoio a persoas maiores e familias vulnerables
A Deputación da Coruña aprobou a nova achega do POS+Social, a liña específica do Plan Único destinada a fortalecer os servizos sociais municipais.
A través deste fondo, os concellos poderán financiar programas e servizos como o reforzo e ampliación do servizo de axuda no fogar, o servizo de xantar na casa, actividades de acompañamento e socialización, programas de conciliación familiar e laboral, servizos de fisioterapia e terapia ocupacional, ou axudas directas a persoas e familias en risco de exclusión. Tamén se permite a contratación ou reforzo de persoal técnico e administrativo dos servizos sociais municipais ou dos servizos de axuda no fogar municipais, así como investimentos en infraestruturas ou equipamentos que melloren a atención á cidadanía.
O orzamento distribúese entre as comarcas de A Coruña (1,59 millóns), Santiago (2,01 millóns), Bergantiños-Costa da Morte (1,21 millóns), Ferrolterra, Eume e Ortegal (1,29 millóns) e Barbanza (880.000 euros). A maior parte dos fondos destínanse a gasto corrente, aínda que tamén se contemplan achegas para investimentos específicos.
POS+SOCIAL Deputación 2025 Costa da Morte | |||
Concello | Total concedido |
Achega gasto corrente |
Achega investimento |
CABANA | 66.695,94 | 66.695,94 | 0 |
CAMARIÑAS | 49.178,25 | 49.178,25 | 0 |
CARBALLO | 195.413,37 | 195.413,37 | 0 |
CARNOTA | 51.398,67 | 51.398,67 | 0 |
CEE | 61.712,58 | 61.712,58 | 0 |
CERCEDA | 71.715,54 | 69.901,04 | 1.814,50 |
CORCUBIÓN | 20.320,15 | 19.596,57 | 723,58 |
CORISTANCO | 92.683,74 | 92.683,74 | 0 |
DUMBRÍA | 71.567,03 | 71.567,03 | 0 |
FISTERRA | 39.421,45 | 32.421,45 | 7.000,00 |
LAXE | 38.455,64 | 37.345,63 | 1.110,01 |
A LARACHA | 103.032,94 | 88.464,55 | 14.568,39 |
MALPICA | 56.276,43 | 56.276,43 | 0 |
MAZARICOS | 94.905,60 | 94.905,60 | 0 |
MUROS | 70.164,19 | 70.164,19 | 0 |
MUXÍA | 79.514,24 | 79.514,24 | 0 |
PONTECESO | 73.821,40 | 73.821,40 | 0 |
SANTA COMBA | 127.270,32 | 121.770,32 | 5.500,00 |
VIMIANZO | 107.523,06 | 107.523,06 | 0 |
ZAS | 86.752,38 | 86.752,38 | 0 |
TOTAL | 1.557.822,92 | 1.527.106,44 | 30.716,48 |