Como tes que facer para votar por Correo nas Eleccións Municipais do 26 de maio 2019
09 de maio de 2019 (09:49 h.)
Se es dos 44.400 emigrantes costeiros que viven no estranxeiro, xa chegamos tarde. Pero se vives dentro do Estado, e segues censado no teu concello de nacemento, aínda temos tempo para que participes nestas Eleccións Municipais 2019, e “rogues” o teu voto.
Do 3 de abril ata o 16 de maio podes solicitar (rogar) o voto por correspondencia. Podes facelo nas Oficinas de Correos, como nos explica na súa propia guía, cubrindo o impreso e presentándoo xunto co teu DNI, pasaporte, carnet de conducir ou tarxeta de residencia, sempre que leve fotografía.
Do 6 ao 19 de maio deberías recibilo por correo certificado, para cubrilo e envialo, tamén dende calquera oficinal postal, antes do 22 de maio.
Novas das Eleccións
- Eleccións Xerais 28A 2019: O PSOE gaña incluso na Costa da Morte.
- #Listas26M Malpica: A oposición renóvase para combatir a veteranía da alcaldía popular.