Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Eleccións Xerais 28A 2019: O PSOE gaña incluso na Costa da Morte

Captura de pantalla 2019-05-23 a la(s) 23.10.43
Eleccións Xerais 28A 2019: O PSOE gaña incluso na Costa da Morte

Eleccións históricas as que se viviron en toda España este 28 de abril de 2019. Unhas eleccións, que se ben nada terán que ver coas Municipais do 26 de maio, que marcan unha importante diferencia entre o bloque da esquerda e o bloque das tres dereitas.

Unhas eleccións que marcan un verdadeiro envorco de todas as eleccións galegas da historia, deixando ao PP como segunda forza por detrás do PSOE, pero volvendo deixar as forzas galegas fóra do hemiciclo, sendo tremenda a caída de En Marea, que desaparece por completo.

Unhas eleccións nas que a España plurinacional demostrou ser clave, ollando ás posicións en Euskadi e Cataluña.

Outra das claves das eleccións é o aumento da participación (76%), un 9% máis en España, un 15% Galicia con respecto ás de 2016. Na nosa comarca, a participación foi do 70% e subiu arredor dun 6-7% con respecto ás das 2016.

En Galicia

Eleccions Xerais 28A 2019-Galicia

O PSOE gaña na Costa da Morte

Eleccions Xerais 2019 Costa da Morte - Xerais 28A PorcentaxeEleccions Xerais 2019 Costa da Morte - Xerais 28A VOTOS

Fonte QPC 

Non lembrábamos na Costa da Morte unha vitoria socialista. Por case 2.000 votos, o PSOE tamén gaña na Costa da Morte, demostrando o descalabro do PP tamén na nosa bisbarra, feudo historicamente popular nas autonómicas e xerais (que non locais).

A terceira forza é Podemos-EU-Mareas Locais, facendo que a caída de En Marea sexa aínda máis radical, pois queda sen representación e superado mesmo por PACMA en concellos como Cabana, e ata polo Partido Comunista en Camariñas.

Ciudadanos supera ao BNG como terceira forza, por apenas medio millar de voto, que supón unha importante recuperación do partido nacionalista (dobla os seus votos na comarca con respecto ás de 2016), pero non lle chegan para volver ao hemiciclo do Congreso.

Vox irrumpe tamén na bisbarra, como 6ª forza, pero con moita menor incidencia que a nivel estatal (cun 4.5% con respecto ao 10% a nivel estatal).

Os detalles

Votando en Pereirina nas Eleccions Xerais 2019-Foto-Rafa Quintans
Votando en Pereirina nas Eleccions Xerais 2019-Foto-Rafa Quintáns

Entre os detalles que se viviron na Costa da Morte, moitos ficaron sorprendidos ao ir buscar no pavillón de Cee, típica mesa (trasladada ao cole Eugenio López), que este domingo acollía un concurso de baile deportivo. Cando algunha muller pasou pola taquilla e non comprendía que lle quixeran cobrar 7 euros por votar…

Algo pasou en Fisterra, onde se retrasou moitítisimo o escrutinio.

Concello a Concello

 

                                 

Novas relacionadas

Comentarios