Os Obradoiros de Emprego, unha verdadeira oportunidade para a xuventude... e para os Concellos

Visita institucional ao Obradoiro de emprego de deseño gráfico de Vimianzo

De aproveitar os Obradoiros de Emprego saben ben na Laracha, un dos concellos que máis partido saca destes proxectos de formación e emprego da Xunta. Uns proxectos fantásticos para a mocidade da comarca, pois conseguen unha formación dunha profesión específica ,pagada, durante 6 ou 9 meses. Pero tamén uns proxectos estupendos para os Concellos, que poden aproveitar os obradoiros para adecentar os seus inmobles, mellorar as súas infraestruturas, ou modernizar os seus servizos

Precisamente A Laracha acollerá un dos novos Obradoiros duais, no seu caso de Conservación Forestal e de Carpintería, sendo xunto aos Concenllos de Muxía e Vimianzo os únicos da comarca que aproveitarán esta oferta. Carnota e Muros; e Santa Comba, son outros concellos da comarca que teñen acollido estes Obradoiros.

Onte, o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o obradoiro xuvenil que comezou fai unhas semanas en Vimianzo, no que 16 alumn@s (de Vimianzo pero tamén de Muxía e Camariñas) se forman e traballan en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e en instalación de elementos de carpintería.

O curso de Muxía formará a 20 alumnos en promoción turística local e información ao visitante e en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes.

Estes obradoiros duais dan a opción aos alumnos a un contrato de traballo nunha empresa da zona durante un mínimo de tres meses, tralos 6 meses máis formativos.

Novos obradoiros