Turismo de Galicia promociona tres cursos
03 de novembro de 2017 (07:07 h.)
Turismo de Galicia vén de poñer en marcha unha oferta formativa para este mes de novembro relativa ao Turismo Accesible. O CMAT - asociación de Turismo da Costa da Morte - anima a participar nos distintos cursos ás persoas vinculadas co sector.
Concretamente, os cursos que se ofertan son "Recursos públicos e privados que fomentan a accesibilidade turística", "Normativa e evaluación da accesibilidade" e "curso turismo accesible e atención ao cliente con discapacidade e outras necesidades diversas".
As inscricións nos distintos cursos pode ser online - a través da plataforma de Turismo de Galicia - ou ben no enderezo electrónico turcalidade@xunta.gal e/ou no número de teléfono 981 54 25 67.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- CMAT