venres. 09.05.2025
El tiempo

Turismo de Galicia promociona tres cursos

Turismo de Galicia promociona tres cursos
Turismo de Galicia vén de poñer en marcha unha oferta formativa para este mes de novembro relativa ao Turismo Accesible. O CMAT - asociación de Turismo da Costa da Morte - anima a participar nos distintos cursos ás persoas vinculadas co sector. Concretamente, os cursos que se ofertan son "Recursos públicos e privados que fomentan a accesibilidade turística", "Normativa e evaluación da accesibilidade" e "curso turismo accesible e atención ao cliente con discapacidade e outras necesidades diversas". As inscricións nos distintos cursos pode ser online - a través da plataforma de Turismo de Galicia - ou ben no enderezo electrónico turcalidade@xunta.gal e/ou no número de teléfono 981 54 25 67. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • CMAT

Comentarios