Un exemplo sostible no carril-bici
06 de xaneiro de 2011 (09:00 h.)
O exemplo carballés
Pero semella que por Carballo as cousas van noutro sentidos. O Concello xa abriu hai 3 anos un carril-bici ata Razo. E o fomento da bici segue en marcha. A pesar da oposición inicial da veciñanza, o Concello vén de abrir un carril-bici na Avenida de Malpica. Por alí xa se pode un desprazar pola vila, ou disfrutar con calma e seguridade dun paseo de fin de semana. De seguro que co tempo, os veciños van agradecendo esta aposta pola mobilidade.Posibles lugares
Está claro que a xeografía faría inviable un carril-bici en moitos lugares da Costa. Evidentemente a un veciño de Santa Mariña de Camariñas non se lle ocorrería coller a bici para subir ata a pista e tirar ata Camelle. Pero pola contra hai zonas que serían perfectas para a creación dun carril-bici útil, non só de "domingueiros". Entre Cee e Corcubión sería un exemplo perfecto, sempre que se rematase un paseo que una as vilas. Por Fisterra tampouco estaría nada mal unir a Anchoa coa vila, tendo en conta o chan do terreo. Zas e Baio tamén poderían contar con un carril nos 7km que os separan. E así sucesivamente. Saben dalgunha zona que podería coller un carril-bici?.Novas relacionadas
- As administracións olvidan o carril-bici .
- Novas sendas peonís entre Cabana, Ponteceso e Laxe.
- O Concello de Carballo aproba o carril-bici ata Razo.
- Por un carril bici que una Cee e Corcubión .
- Por fin alguén solicita un carril-bici para Fisterra .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).