Unha moto queda calcinada en plena estrada en Coristanco
23 de maio de 2017 (08:52 h.)
Eran as 22:00h da noite do pasado luns 22 de maio cando unha moto comezaba a arder cando ía circulando pola AC-552, a altura da estrada da Miñata, en Coristanco, ao carón do lavadoiro.
O home tivo que saltar mentres a moto chamuscábase entre as lapas. Pouco despois chegaban Garda Civil, Protección Civil Coristanco e os Bombeiros de Carballo, que procederon á súa extinción empregando 500 litros de auga a presión.
O lume non afectou a outros bens nin ao condutor do vehículo.
Novas relacionadas
- 22-05-17: Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos.
- Abril 2017: Sufocan o incendio dun tractor preto das casas de Alvarellos:
Fonte
- Bombeiros de Carballo.