xoves. 01.05.2025
El tiempo

Unha moto queda calcinada en plena estrada en Coristanco

Unha moto queda calcinada en plena estrada en Coristanco
Incendio dunha moto en Coristanco Chamuscada quedou a moto

Eran as 22:00h da noite do pasado luns 22 de maio cando unha moto comezaba a arder cando ía circulando pola AC-552, a altura da estrada da Miñata, en Coristanco, ao carón do lavadoiro.

O home tivo que saltar mentres a moto chamuscábase entre as lapas. Pouco despois chegaban Garda Civil, Protección Civil Coristanco e os Bombeiros de Carballo, que procederon á súa extinción empregando 500 litros de auga a presión.

O lume non afectou a outros bens nin ao condutor do vehículo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Bombeiros de Carballo.

Comentarios