Unha persoa resultou ferida tras un choque entre cinco vehículos en Carballo

Unha persoa resultou ferida de carácter leve nun accidente con cinco coches implicados. O accidente tivo lugar na estrada de Carballo a Santiago, da localidade de Carballo. O CAE 112 Galicia, tivo constancia do suceso grazas á chamada dun particular pasados uns minutos das 09:00 horas desta mañá.

Tras a advertencia do alertante, que podía haber persoas atrapadas, o persoal do Centro de Emerxencias de Galicia pasou aviso ademais de Urxencias Médicas, aos efectivos do parque comarcal de Carballo, que aínda que se desprazaron ata o lugar, non tiveron que intervir. Así mesmo, se solicitou a colaboración da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Carballo.

Lembrade os teléfonos de Bombeiros de Bergantiños e Policía Local de Carballo: 062 e 061. Dende Protección Civil recomendan precaución aos condutores, especialmente en días de choiva coma o de hoxe.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).