Unha persoa resultou ferida tras un choque entre cinco vehículos en Carballo


Unha persoa resultou ferida de carácter leve nun accidente con cinco coches implicados. O accidente tivo lugar na estrada de Carballo a Santiago, da localidade de Carballo. O CAE 112 Galicia, tivo constancia do suceso grazas á chamada dun particular pasados uns minutos das 09:00 horas desta mañá.
Tras a advertencia do alertante, que podía haber persoas atrapadas, o persoal do Centro de Emerxencias de Galicia pasou aviso ademais de Urxencias Médicas, aos efectivos do parque comarcal de Carballo, que aínda que se desprazaron ata o lugar, non tiveron que intervir. Así mesmo, se solicitou a colaboración da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Carballo.
Lembrade os teléfonos de Bombeiros de Bergantiños e Policía Local de Carballo: 062 e 061. Dende Protección Civil recomendan precaución aos condutores, especialmente en días de choiva coma o de hoxe.


Novas relacionadas
- 23-11-14: Unha muller faleceu en Cee tras ser atropelada.
- 05-11-14: Unha muller tivo que ser excarcelada tras un accidente en Nantón.
- 22-10-14: Un mozo de 35 anos perde a vida nun accidente laboral en Vimianzo.
- 13-10-14: Un accidente con dous feridos provoca serios atascos en Coristanco.
- Que non te paren! Unha campaña pola Autovía Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).