100 participantes para celebrar os 20 anos do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Segundo Premio do Concurso de Fotografía Xosé Manuel Eirís de Carballo 2014-Foto- Jordi Cohen Colldeforns

Un amplo programa de actividades servirá para celebrar o 20º aniversario do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. O Concello de Carballo e a Fundación Luis Calvo Sanz, que patrocina o 2º premio, prepararon unha serie de citas singulares, gracias á colabroación de Interfilm co accésit. O xoves 19 de abril terá lugar no Pazo da Cultura a entrega premios e a inauguración da exposición da selección dos mellores traballos realizada polo xurado, pero haberá moitas máis cousas.

Este ano foron máis de 100 os participantes, que optarán aos 1.500€ de primeiro premio, os 750€ do segundo e os premios especiais e accesit.

Cursos de foto

- Un curso de “Fotografía e composición e lectura da imaxe fotográfica”, para 30 alumnos, que impartirá no Pazo da Cultura Ángel Cordero, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Serán catro sesións de 90 minutos, do 18 de abril ao 9 de maio, de 20.00 a 21.30 horas. A inscrición, de balde, farase na Concellaría de Cultura o por correo electrónico. Se o número de interesados é maior que o de prazas ofertadas, terán preferencia os participantes nas últimas cinco edicións do Certame Xosé Manuel Eirís. O prazo para apuntarse remata o 15 de abril. - Un curso de fotografía para mozos e mozas que se estean iniciando no mundo da fotografía a través de dispositivos móbiles. Terá lugar no mes de xullo. - Un último curso de iniciación á fotografía destinado a afeccionados en xeral. Terá lugar no mes de novembro.

Catálogo 2009-2017

Como ocorrese na décima edición, este ano para conmemorar o XX Certame Xosé Manuel Eirís o Concello publicará un catálogo que recolle as obras gañadoras e outras premiadas entre 2009 e 2017: 42 fotografías ás que se sumarán as mellores de 2018.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo