500 disfraces percorreron as rúas polo Entroido de Carballo
11 comparsas e 7 carrozas participaron este pasado sábado no multitudinario Entroido de Carballo, para participar nun tradicional concurso que repartiu 8.500€ en premios. Unhas 500 persoas desfilaron como estrellas dos Óscars, pero desta volta non houbo erros na entrega dos premios e gañaron os máis preparados.
Os premios dos adultos leváronos, en Comparsas “Non ta o forno para bolos”, con 500 €, e “Furor en la pista”, que gañaron 250 €. As mellores Carrozas, sempre dun nivel espectacular, segundo o xurado, foron as “Liñaio Fashion Week” (700 €) e “Os homes de Paco” (400 €), e os “Toy Story”, “Equipo MacLaren Honda” e Trump’s valado” tamén levaron os seus accesits. E iso que estaba tamén Obama controlando o relevo…
Foi “O de sempre” o que levou o premio individual e As dúas marías o de grupo.
Xa en canto aos pequenos, o Premio especial ‘Choqueiro de Bergantiños’ foi para a nena velliña dos Labregos do San Luís. Ademais, o Ourizo de Mar, a Carapuchina secuestrada polo lobo e unha boa sevillana levarons premios individuais. Gus Gus e Jack Jack foron o mellor grupo infantil, e nas comparsas infantís destacaron os Danzantes, Os labregos do San Luís, e os Anxos e demos.
Máis entroido en Carballo
Ollo, que luns, martes, sábado e domingo hai lío en Carballo.
- Entroido 2016: A imaxinación puido co frío e a choiva no Entroido carballés.
- 2014: Todo pode pasar no Entroido de Carballo.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)