500 disfraces percorreron as rúas polo Entroido de Carballo
          
11 comparsas e 7 carrozas participaron este pasado sábado no multitudinario Entroido de Carballo, para participar nun tradicional concurso que repartiu 8.500€ en premios. Unhas 500 persoas desfilaron como estrellas dos Óscars, pero desta volta non houbo erros na entrega dos premios e gañaron os máis preparados.
Os premios dos adultos leváronos, en Comparsas “Non ta o forno para bolos”, con 500 €, e “Furor en la pista”, que gañaron 250 €. As mellores Carrozas, sempre dun nivel espectacular, segundo o xurado, foron as “Liñaio Fashion Week” (700 €) e “Os homes de Paco” (400 €), e os “Toy Story”, “Equipo MacLaren Honda” e Trump’s valado” tamén levaron os seus accesits. E iso que estaba tamén Obama controlando o relevo…
 Trump e Ivanna no Entroido de Carballo
 Obama e Michel vixiaron o relevo
Foi “O de sempre” o que levou o premio individual e As dúas marías o de grupo.
Xa en canto aos pequenos, o Premio especial ‘Choqueiro de Bergantiños’ foi para a nena velliña dos Labregos do San Luís. Ademais, o Ourizo de Mar, a Carapuchina secuestrada polo lobo e unha boa sevillana levarons premios individuais. Gus Gus e Jack Jack foron o mellor grupo infantil, e nas comparsas infantís destacaron os Danzantes, Os labregos do San Luís, e os Anxos e demos.
 Xurado do Entroido de Carballo 2017
 Ata os Peliqueiros chegaron ao Entroido de Carballo
 Equipo de F1 no Entroido de Carballo
 Nivelazo nas carrozas carballesas
 Non hai tantos problemas co clero en Carballo como na Coruña
Máis entroido en Carballo
Ollo, que luns, martes, sábado e domingo hai lío en Carballo.
Novas relacionadas
- Entroido 2016: A imaxinación puido co frío e a choiva no Entroido carballés.
 - 2014: Todo pode pasar no Entroido de Carballo.
 
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)