O prezo da pataca de Coristanco chega nalgúns establecementos ata os 1,50 euros/kg
Coristanco prepárase para vivir o vindeiro domingo - día 18 - unha das súas mellores citas: a Festa da Pataca que xa vai pola 36ª edición. Unha edición que estará marcada pola escaseza (e polo prezo) do tubérculo. Nalgúns establecementos da cidade herculina oprezo da patata chega ata os 1,50 euros mentras que no mercado de Carballo oscila entre 1€e 1,20€.
O maior problema residiu nas intensas e persistentes choivas do inverno pasado que asolagaron moitos campos. Nalgúns casos, esta circunstancia conlevou un retraso considerable da sembra tendo como resultado un volume de producción moi inferior á media dos últimos anos.
Os organizadores do evento, que recae en mans do concello de Coristanco, aseguran que houbo productores que xa lles trasladaron a súa decisión de non acudir este domingo á Festa da Pataca. "A escaseza da producción está a repercutir na festa xa que non houbo excedentes; a marioría dos productores recolleron patacas para o consumo propio", sinala Amancio Lavandeira - alcalde de Coristanco -.
Tractores engalanados
Esta situación pode afectar a unha das actividades centrais da festa: o concurso de tractores engalanados. Aquí, os participantes sacan á luz a súa creatividade e crean figuras formadas con patacas. O excendente da producción marca a participación no concurso.
"A buxaina" foi a campiona do concurso de tractores engalados do ano pasado
Ainda así, a pataca de Coristanco segue a ser dunha excelente calidade. E iso quedará demostrado na degustación gastronómica que se fará a partir das 14 horas. Os asistentes poderán saborear a pataca de Coristanco cociñada de tres formas diferentes: patacas bravas, patacas acompañadas con zorza e patacas con carne asada. O custe da ración é de cinco euros e inclúe o prato, a taza e o viño. Ademais, os bares e restaurantes da vila ofrecerán menús específicos e prezos moi económicos.
Programa
"Esta é unha festa para desfrutar en familia", reitera Amancio Lavandeira. Xa que ademais da propia degustación e venta da pataca, haberá actividades para todos os públicos. A Festa da Pataca arranca ás 9:30 horas coa concentración dos tractores engalanados e dos participantes nos concursos gastronómicos. Unha hora máis tarde, ás 10:30 horas, terá lugar a apertura da mostra agroalimentaria. Tampouco faltarán os pasarrúas que darán paso ao desfile dos tractores engalanados - ás 12 horas -. Mercedes Queixas é a encargada de ler o pregón. A continuación faráse a entrega de premios e a degustación da pataca. Xa pola tarde, non faltarán os xogos tradicionais nin os concursos do baile da pataca, apaña a pataca, trueiro da pataca e tiro de corda.