A escaseza da produción marca a Festa da Pataca de Coristanco
09:15 15/09/16
O prezo da pataca de Coristanco chega nalgúns establecementos ata os 1,50 euros/kg
Coristanco prepárase para vivir o vindeiro domingo - día 18 - unha das súas mellores citas: a Festa da Pataca que xa vai pola 36ª edición. Unha edición que estará marcada pola escaseza (e polo prezo) do tubérculo. Nalgúns establecementos da cidade herculina o prezo da patata chega ata os 1,50 euros mentras que no mercado de Carballo oscila entre 1€e 1,20€.
O maior problema residiu nas intensas e persistentes choivas do inverno pasado que asolagaron moitos campos. Nalgúns casos, esta circunstancia conlevou un retraso considerable da sembra tendo como resultado un volume de producción moi inferior á media dos últimos anos.
Os organizadores do evento, que recae en mans do concello de Coristanco, aseguran que houbo productores que xa lles trasladaron a súa decisión de non acudir este domingo á Festa da Pataca. "A escaseza da producción está a repercutir na festa xa que non houbo excedentes; a marioría dos productores recolleron patacas para o consumo propio", sinala Amancio Lavandeira - alcalde de Coristanco -.
Tractores engalanados
Esta situación pode afectar a unha das actividades centrais da festa: o concurso de tractores engalanados. Aquí, os participantes sacan á luz a súa creatividade e crean figuras formadas con patacas. O excendente da producción marca a participación no concurso.
"A buxaina" foi a campiona do concurso de tractores engalados do ano pasado
Ainda así, a pataca de Coristanco segue a ser dunha excelente calidade. E iso quedará demostrado na degustación gastronómica que se fará a partir das 14 horas. Os asistentes poderán saborear a pataca de Coristanco cociñada de tres formas diferentes: patacas bravas, patacas acompañadas con zorza e patacas con carne asada. O custe da ración é de cinco euros e inclúe o prato, a taza e o viño. Ademais, os bares e restaurantes da vila ofrecerán menús específicos e prezos moi económicos.
Programa
"Esta é unha festa para desfrutar en familia", reitera Amancio Lavandeira. Xa que ademais da propia degustación e venta da pataca, haberá actividades para todos os públicos. A Festa da Pataca arranca ás 9:30 horas coa concentración dos tractores engalanados e dos participantes nos concursos gastronómicos. Unha hora máis tarde, ás 10:30 horas, terá lugar a apertura da mostra agroalimentaria. Tampouco faltarán os pasarrúas que darán paso ao desfile dos tractores engalanados - ás 12 horas -. Mercedes Queixas é a encargada de ler o pregón. A continuación faráse a entrega de premios e a degustación da pataca. Xa pola tarde, non faltarán os xogos tradicionais nin os concursos do baile da pataca, apaña a pataca, trueiro da pataca e tiro de corda.
Novas relacionadas
- A Festa da Pataca cumple 36 anos cun domingo de gastronomía e entroido
- Unha mestra da literatura galega, pregoeira da XXXVI Festa da Pataca de Coristanco.
- Festa da Pataca 2015: A Festa da Pataca sacou a súa faciana máis entroideira.
- Redacción QPC ([email protected])