A mocidade ten unha cita no Couto co programa de formación Xermolar
02 de xullo de 2025 (08:32 h.)
A Aldea do Couto, a través da Fundación Eduardo Pondal, acolle do 18 ao 24 de xullo XERMOLAR; un programa de formación dirixido á mocidade de 50 horas.
Durante esta semana de "aprendizaxe, reflexión e acción" abordaranse diferentes temas inspiradores para a mocidade que serán impartidos por persoal especializado de varias entidades colaboradoras. Estes serán os temas a tratar: igualdade (AGARESO), benestar (Proxecta en Ti), linguaxe de signos (Entresignos), medio ambiente (INTEGRO), primeiros auxilios (061), emprego e emprendemento.