Fran Fernández presenta a obra gañadora do XIX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

00:50 10/07/25
O Fogar dos Pensionistas da Casa do Pescador de Malpica acolle mañá, ás 19:00 horas, a presentación do libro "Atravesar o don", de Fran Fernández Davila.
Esta foi a obra gañadora do XIX Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas; unha cita xa consolidada no calendario cultural galego que promove a creación poética en lingua galega con liberdade temática e vocación innovadora.