Axenda da fin de semana na Costa da Morte chea de cine
14 de xaneiro de 2011 (09:28 h.)
Costa de xaneiro que se nota na progranmación cultural da bisbarra. Xa non son tantas as propostas, pero iso si, o cine toma protagonismo estes días. Corcubión e Corme teñen citas co cine e cos documentais. Tamén hai sesións de Bocas abertas en Muros e Fisterra.
Pero tamén hai unha cita coa arte en Muxía. Esta fin de semana permanece aberta (o domingo é o último día) a Mostra Catro Miradas, na Casa das Beiras de Muxía. Esta mostra reúne obra plástica de Lorena Lappe, Viki Rivadulla, Susana Llorente e Fátima Fortea e poderá visitarse ata ese día en horario de 17 a 20 horas.