Martes. 15.10.2019
El tiempo

Os pequechos de Fisterra aprender a facer "música ghallegha daghora"

Os pequechos de Fisterra aprender a facer "música ghallegha daghora"
Moi interesante a actividade que o programa Bocaberta trae a Fisterra este domingo. I é que se en Muros os pequechos van disfrutar este sábado da actividade "En clave de conto", por Fisterra aprenderán a facer música, e en galego A cita será este domingo 16 de xaneiro, e a proposta "Detrás da Canción" está destinada a mozos e mozas a partir de 12 anos. Os responsables serán Carlos Varcárcel, membro do recoñecido da banda galega de música electrónica Projecto Mourente, e dun dos grupos máis vangardistas do panorama pop da "música ghallegha daghora", os The Homens.

Doble proposta

Por unha parte, pretende demostrar que compoñer cancións e gravalas é algo doado e que calquera pode facer cunha mínima calidade; e, pola outra, mostrar como o galego é un idioma tan válido coma calquera outro para a expresión musical de masas. Ás 18:00 horas , na aula de informática, realizaráse o curso de música caseiro con Carlos Valcárcel. Impartiráse en dúas sesións de 50 minutos de duración cada unha, que permitirá aos asistentes coñecer algunhas das ferramentas básicas para gravar unha peza nun ordenador e posteriormente publicala na Internet.

Inscricións

As inscricións poden facerse antes do día 15 no teléfono 981.74.00.01 (Departamento de normalización lingüística ou no departamento de Cultura)

Concerto

E sobre ás 20:00 horas, o novo salón de actos do concello de Fisterra, abrirá as súas portas ao Concerto acústicao de The Homens e Projecto Mourente. Os integrantes do grupo farán varias das cancións do deu repertorio en galego. Aquí vos deixamos cunha actuación que deron os The Homens en Corcubión polas Mercedes:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios