Carballo acolle unha nova presentación da Poesía completa de López Abente

A Fundación López Abente, tras sendas presentacións pola provincia, prepara, coa colaboración do Instituto de Estudos Bergantiñáns, unha nova presentación da obra "Poesía Completa" do poeta muxián, editada pola entidade xunto coa Editorial Espiral Maior. Desta volta a cita será no Casino de Carballo o vindeiro venres 13 de decembro a partir das 20:00h. Intervirán Xan Fernández Carrera, presidente do Instituto de Estudos Bergantiñáns e membro do patronato da FGLA; X.H. Rivadulla Corcón, vicepresidente da Fundación; o escritor Miguel Anxo Fernán Vello e o autor da edición, Miro Villar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte